O JEALSA Boiro acaba duodécimo no Campionato de España de categoría xuvenil masculina

09 Maio 2022

M.A.- O JEALSA Boiro finalizou na duodécima posición no Campionato de España de categoría xuvenil masculina celebrado o pasado fin de semana en Guadalaxara. O conxunto dirixido por Adrián Alves pechou o campionato cunha derrota no partido polo undécimo posto contra o Arenys por 3-2 (19-25, 25-15, 25-22, 16-25 e 15-12).

O JEALSA Boiro compareceu en terras alcarreñas con baixas importantes como as dos lesionados Martín Casais e Héctor Barro, así como a de Diego Estrada por motivos persoais. Esta circunstancia propiciou que tres integrantes do equipo cadete cobrasen protagonismo en Guadalaxara.

Na primeira fase, o JEALSA Boiro superou ao Alkazar (3-1) e ao Salesianos de Guadalaxara (0-3), ademais de sumar unha derrota fronte ao Arenys por 3-1. Na segunda fase, os boirenses caeron ante o Cisneros Alter, que posteriormente se proclamaría campión, por 3-0, e contra o Barça Voleibol (3-0).

A loita pola novena praza comezou cunha axustada derrota contra o Cuenca (3-2) antes de medirse no último partido ao Arenys.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...