O Día das Letras Galegas marca a axenda cultural desta semana na Pobra

16 Maio 2022

A Pobra do Caramiñal compartiu novamente a súa axenda cultural para esta semana, marcada polo Día das Letras Galegas, con Florencio Delgado Gurriarán como protagonista neste 2022.

No propio día 17, ás 12.30 horas, terá lugar a apertura da mostra Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán, que se instalará nos Xardíns de Valle-Inclán, e a lectura de poemas por parte de Eiradela, ademais de animación de rúa da man dos grupos de música tradicional Caraveiros, Trécola e Xiada.

Xa no 18 de maio, Día Internacional dos Museos, estrearase no Museo Valle-Inclán a exhibición dos carteis das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán ó longo dos seus vinte e tres anos de traxectoria.

A narración oral caracterizará o día 19 cun novo contacontos, O eco das pedras, a cargo de Raquel Queizás, na biblioteca municipal Victoriano García Martí, ás 18.00 horas.

Doutra banda, o Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá no día 20, ás 20.30 horas, a entrega do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora desta edición: Por mor de cinco pizzas ós catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz. As persoas asistentes recibirán como agasallo un exemplar do libro.

Finalmente, un céntrico espazo da localidade como é o Cantón da Leña acollerá no 21 de maio, ás 12.30 horas, a Primavera das Letras da Real Academia Galega, que consistirá no obradoiro Coloreando con Florencio e no contacontos Son o poeta que cruzou o océano, con texto de Ledicia Costa e ilustración de Blanca Millán. Xa pola tarde, realizarase o concerto da coral Abrente Cantos de aquí e acolá. Será ofrecido pola Asociación de Amas de Casa, a partir das 20.00 horas, no teatro cine Elma.

A entrada é libre ata completa-la cabida. Todas estas citas adscríbense á programación do Maio das Letras que organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...