O Colexio Eusebio Baleirón acolle este sábado un obradoiro colectivo de libros personalizados

27 Maio 2022

O Concello de Dodro vai achegar na xornada deste sábado 28 de maio un obradoiro de creación e lecer á medida da rapazada e as familias. A axenda, que inclúe a creación de libros personalizados sobre lembranzas, anécdotas da casa de cada quen ou contos compartidos por grupos de amigos, estará aberta non só á participación dos máis pequenos, senón tamén de nais, pais, tías, tíos, avoas, avós e todos os integrantes da familia ou do grupo de amizades que queiran participar. O obradoiro comezará ás 11.30 horas e levarase a cabo na Biblioteca Anxo Angueira do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. É preciso confirmar asistencia a través do teléfono 881 867 041. A actividade será impartida por Pablo Otero “Peixe”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.