Néstor Rego expuxo en Portosín as propostas do BNG para frear a inflación e o empobrecemento da sociedade galega

30 Maio 2022

O pasado venres día 27 de mai a Casa de Cultura de Portosín acolleu unha asemblea aberta co deputado no Congreso do BNG, Néstor Rego, convocada para explicar as medidas urxentes que o partido nacionalista propón ante a suba disparada dos prezos, que “están provocando un aumento da inflación e provocando un maior empobrecemento da sociedade galega”, sinalou Rego, poñendo o foco na cuestión do conflito bélico de Ucraína e de como esta guerra “lle está a servir ao Goberno para non actuar fronte o abuso das grandes empresas, que seguen incrementando os seus beneficios a conta de que a factura a paguen os consumidores, e afectando a produtividade de sectores tan importantes como o agrícola, gandeiro e pesqueiro, que son o motor económico de Galiza”.

Explicou tamén as medidas que reclama o BNG para conseguir frear esta escalada de prezos sen precedentes, que xa viña de antes do conflito bélico en Europa, entre elas:

-Desvincular o mecanismo de fixación dos prezos da electricidade no mercado maiorista da evolución do prezo do gas nos mercados internacionais e mudar o sistema de pool. Revisar de forma profunda o mecanismo marxinalista para a fixación dos prezos da electricidade, de forma urxente garantir que hidráulicas e nuclear son retribuídas conforme a custos recoñecidos e que as tecnoloxías que empregan combustibles fósiles sexan segregadas do mercado eléctrico xeral e actúen nun mercado diferente.

– Rebaixa permanente do IVE da enerxía eléctrica ao 4% e retirada da factura daqueles conceptos e impostos que non están vinculados á xeración e que a sobrecargan.

– Rebaixa do IVE dos produtos esenciais.

– Instauración dunha arifa eléctrica galega que nos compense polas consecuencias de ser produtores e de padecer as problemáticas asociadas ós encoros e ós parques eólicos

-Unha empresa eléctrica pública galega, que non trate a enerxía como un produto comercial para o enriquecemento dos propietarios, senón como un ben público ao que debe ter acceso toda a poboación.

-Suba das pensións mínimas.

Ao remate da súa exposición respondeu ás preguntas dos asistentes, respecto ás posturas que defende a diario no Parlamento español para a defensa dos intereses da cidadanía galega.

Outros artigos

O 29 comeza no Son un curso de AGADEA para persoas coidadoras

A Asociación AGADEA, a federación FAGAL e o Concello de Porto do Son van organizar os vindeiros días un curso para facilitar o día a día de quen ten ao seu cargo persoas dependentes con demencias neurodexenerativa tipo alzhéimer, co obxectivo de achegarlles recursos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...