Na Pobra tres detidos por desvalixar e esnaquizar un edificio

A Garda Civil de Boiro detivo a tres persoas por un suposto delito de roubo con forza no interior de varias vivendas dun edificio situado na localidade veciña da Pobra do Caramiñal.

Segundo informa a benemérita, os feitos ocorreron tras a denuncia interposta polo propietario do edificio na que narraba a subtracción de diversos efectos no interior de varias vivendas do citado inmoble ao que os autores haberían accedeu ao interior entre o 11 de marzo e o 11 de abril, aproveitando que se atopaba deshabitado xa que os seus moradores úsano como segunda vivenda.

Desta forma, a Garda Civil cre que permaneceron no interior do mesmo causando diversos danos que aínda non puideron ser cuantificados e roubando o que se atoparon de valor no seu interior.

Así, subtraerían tres televisores de pantalla plana, dúas de 32 polgadas, un de 37”, tres cadros e outros obxectos de valor.

Investigación:

A Garda Civil iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos e a identificación do autor ou autores do roubo e a recuperación dos efectos roubados, centrando a investigación en dous homes e unha muller de mediana idade e veciños da localidade da Pobra do Caramiñal coñecidos polos seus múltiples antecedentes.
A investigación permitiu descubrir que os obxectos roubados foran vendidos a distintas persoas da localidade e puideron ser recuperados na súa totalidade. Unha vez intervido o material que fora subtraído, fíxose entrega do mesmo aos seus lexítimos propietarios.

A Garda Civil procedeu á detención destas tres persoas como presuntas autoras da comisión de varios delitos de roubo con forza, sendo entregadas xunto coas correspondentes dilixencias no Xulgado de Ribeira.

Desde o Instituto Armado lémbrase que non se compren obxectos dos que se descoñeza a súa procedencia, xa que poden verse implicados nun delito de receptación de efectos roubados.
Ademais de que, doutra banda, con esa actitude o que se promove é que os delitos deste tipo proliferen. E lanzan a mensaxe de que se se teñen sospeitas, hai que poñerse en contacto coas Forzas e Corpos de Seguridade para alertar das persoas que están a tentar vender eses obxectos.

Garda Civil