Este sábado a rúa Peonil de Boiro acolle o espectáculo de animación “A Eira do Paporrubio”

20 Maio 2022

A rúa Peonil de Boiro acollerá este sábado 21 de maio o espectáculo A Eira do Paporrubio, unha cita de animación familiar e infantil cos monicreques, os xogos, a música e a tradición oral. Será a partir das 11.00 horas. Trátase dunha proposta da produtora Urdime moi acaída para nenas e nenos de máis de dous anos. Segundo explica Urdime, a Eira do Paporrubio desenvólvese “nun espazo soñador e máxico onde conviven animais domésticos e non tan domésticos, que serán os protagonistas das fábulas”. Trátase dun proxecto argallado por por Luchi Iglesias e Carlos Quintá dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, no que se mesturan música e xogos tradicionais con outros de creación propia que farán que os nenos e nenas gocen dunha divertida xornada de animación e creatividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...