“Eran outros tempos” – José Manuel Pena

19 Maio 2022

Entre recordos pasan os monótonos días na Residencia. Están máis que preparados, con resignación, para percorrer o último tramo da carreira da vida. O peor son as longas noites de insomnio, coa chegada da alba regresa a tranquilidade á maioría dos residentes. A pesar de todo, moitos anciáns resígnanse a ver a vida pasar.

Unha muller achégaseme e quere que sexa o seu confidente, por uns momentos. Esta señora maior, agora lonxe da súa terra, ten un “segredo” que xa non quere conservar por máis tempo. Cando era adolescente, aquel día atopábase traballando no campo. Baixouse do tren un descoñecido que a chegaría a violar. Tras a brutal agresión aínda tivera que sufrir o desprezo do seu pai, coma se fose culpable de algo e non máis que unha vítima inocente. “Eran outros tempos”, coméntame apenada.

Outra muller trasládame parte dos seus recordos vitais. Sabe que a vida de agora é moi diferente. Ela tivera que abandonar a escola desde unha idade moi temperá para dedicarse ao coidado da casa e levar a comida, cada día, ao pai e aos seus irmáns que traballaban no ferrocarril. Trata de xustificarse: “Antes era algo normal e habitual para a maioría das mulleres do pobo e arredores”.

Atópome a outra muller nonaxenaria que presume de vivir como quixo. Para ela os motivos eran bastante evidentes, non se chegou a casar nin tido descendencia. Por conseguinte, como recoñece, gozara moitas veces en soidade, da liberdade que agora perdera polas súas doenzas físicas que a convertían nunha persoa dependente. Eran outros tempos.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.