Entregados en Noia os premios da 27 edición do concurso literario Alberto Romasanta

04 Maio 2022

Este martes 3 de maio o Coliseo Noela de Noia acolleu a entrega de premios 27 edición do concurso literario escolar Alberto Romasanta, o de meirande antigüidade da comarca. No acto participaron as alumnas e alumnos dos dous centros educativos de Secundaria de Noia, o IES Virxe do Mar e máis o IES Campo de San Alberto, e este ano, como novidade, incluíuse a participación das alumnas e alumnos dos centros adscritos como convidados: o Instituto Poeta Añón, de Outes, e o CEIP Plurilingüe Cernadas de Castro, de Lousame. Na cerimonia tamén fixeron acto de presenza (e entregaron galardóns) o alcalde Santiago Freire e o concelleiro de Cultura José Pérez.

A gala estivo amenizada polo alumnado de Música do IES Virxe do Mar, baixo a dirección da profesora Pilar Melcón.

Os alumnos do Virxe do Mar finalistas foron: Pablo Villar Ces (1º ESO C), Mar Regueira Labandeira ( 4º ESO A), Iker Queiro Alvite ( 3º ESO C), e as alumnas premiadas, Lucía Seijas Moledo( 1º ESO C) e Marisol Suárez Baña( 1º Bacharelato B).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.