CONGALSA tivo en 2021 unha facturación de 113 millóns de euros, un 13% máis ca en 2020

26 Maio 2022

CONGALSA, a empresa de alimentación de produtos do mar da Pobra do Caramiñal, vén de facer balance dos seus principais fitos económicos, transformadores e sociais do 2021, un ano complexo, segundo recoñece a compañía na súa Memoria Corporativa 2021, no que se xuntaron os efectos da pandemia e da situación loxística mundial, pero no que prevaleceu unha clara vontade de superación. Este espírito, xunto a acertos como a incorporación á familia de CONGALSA da firma portuguesa Sulpasteis ou a presenza en novos e relevantes mercados, motivou que a empresa da nosa comarca pechase o ano mellorando os resultados económicos malia a crise sanitaria. Así, a facturación ascendeu aos 113 millóns de euros durante o exercicio 2021 entre as factorías da Pobra do Caramiñal e Ribeira e a planta Sulpasteis; o que supón un incremento do 13 % respecto dos resultados económicos do ano anterior.

Segundo fai saber na introdución do documento corporativo Luis Miguel Simarro, director xeral de CONGALSA, “a citada crise da COVID xerou un impacto máis que notable en toda a actividade hostaleira, así como na distribución de produtos dentro da canle HORECA; pero a pesar diso, desde a nosa empresa fomos capaces de comercializar até 26.000 toneladas dos nosos diferentes tipos de produto”.

As claves, ademais das devanditas, foron as seguintes: unha aposta decidida por converter á compañía nunha industria intelixente, un proceso continuo de transformación e a busca integral de modelos de produción abeirados ao máximo respecto polo medio ambiente e a economía circular. “Se de algo estamos convencidos é de que o binomio innovación e sustentabilidade é clave para actuar nestes momentos”, explica Simarro, engadindo que “esta fórmula sitúanos nunha posición máis competitiva e mellor preparada. Entendemos que a dixitalización é un alicerce fundamental na organización e por iso o modelo CONGALS4.0 busca ser capaz dunha maior adaptabilidade ás necesidades para axilizar a toma de decisións estratéxicas e avanzar na integración co cliente, así como conseguir unha asignación máis eficiente dos recursos”.

Algunhas cifras relevantes de CONGALSA

-Presenza en 36 mercados internacionais.

-450 clientes

-26.000 toneladas de produtos fabricados

-Un 13% máis de facturación respecto a 2020.

-388 persoas integrando o equipo de CONGALSA.

-Un 67% de mulleres en plantilla.

-17.552 horas de formación impartidas.

-66.659 euros en iniciativas de patrocinio.

-Redución do consumo de auga nun 9%.

-559 Mwh enerxía xerada nas plantas fotovoltaicas de CONGALSA

-95% Compras de produtos do mar de fontes sustentábeis.

-65% Gasto en provedores locais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.