Comezaron en Bandourrío (Ribeira) as obras da terceira fase da renovación do pavimento

20 Maio 2022

A Brigada Municipal de Obras de Ribeira iniciou esta semana os traballos para proceder á terceira fase da renovación integral do pavimento na rúa Manzanares, situada no histórico barrio de Bandourrío. Ao abeiro destes labores estanse a substituír as lousas de granito da capa de rodadura por un máis resistente formigón pulido, “acorde con zonas próximas do casco urbano da cidade”, segundo indicou o Concello, que lembra que esta renovación principiou hai dous anos nunha primeira fase entre as prazas de Compostela e de Pontevedra, continuando o ano pasado con outros 85 metros lineais ademais de acondicionar esta última praza. Agora empréndese un novo treito de aproximadamente un cento de metros ata chegar á altura das escaleiras da rúa Perú.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...