Charlas a estudantado da Pobra sobre a importancia da saúde bucodental co gallo do Día Mundial Sen Tabaco

Estudantado da primaria da Pobra do Caramiñal recibiu nesta xornada unha serie de charlas a cargo
do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia co gallo do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebra no 31 de maio.
Promovidos pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), os coloquios centráronse en cuestións de prevención de saúde bucodental, facendo especial fincapé nos problemas que ocasiona o tabaco.
A dita actividade tamén se adscribe á campaña Praias sen fume impulsada pola Xunta, mediante a cal figura a praia dos Areos na Rede galega.