Boiro proporciona un servizo de autobuses lanzadeira para a Romaría das Letras 2022

O Concello de Boiro, para facilitar a asistencia aos actos da Romaría das Letras 2022 e evitar o tráfico, habilita un servizo de autobuses lanzadeira entre o núcleo urbano e o Pazo de Goiáns para os días 16 e 17 de maio. Ademais, habilitouse un espazo de aparcamento eventual e específico para a romaría
nas inmediacións do Pazo para evitar os problemas de estacionamento.
O autobús lanzadeira sairá da parada de A Boqueira de A Negral o luns ás 18.30 e 21.00 horas e regresará do Pazo de Goiáns ás 18.45, 21.15 e 23.00 horas. O martes día 17 as saídas realizaranse da parada de A Boqueira de A Negral ás 10.30, 12.30, 16.00 e 18.00 horas. As horas de regreso dende o Pazo de Goiáns serán ás 10.45, 12.45, 16.45, 18.45 e 22.30 horas.
Todas as actividades programadas os días 16 e 17 son de balde e con acceso libre, non se require reserva previa de entrada.