AMICOS busca á persoa máis galega co seu tradicional Galeguímetro

09 Maio 2022

Amicos conmemora o Día das Letras Galegas buscando á persoa que mellor coñeza Galicia na comarca do Barbanza, en Pontevedra e Vigo. O Galeguímetro da asociación foi inaugurado hoxe, por segundo ano consecutivo, no Concello de Rianxo. Alí contaron coa participación do alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, e a Tenente Alcalde, María del Carmen Ficheira Ares.
O Galeguímetro consiste en medir quen sabe máis sobre Galicia a través de preguntas de temática galega e sobre o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, que é a persoa á que se dedica o Día das Letras Galegas 2022. Algunhas das preguntas que se realizan son “Cal é a capital de Galicia?”, “Cantas provinvias ten Galicia?” ou “Donde naceu o poeta Florencio Delgado?”.
Os integrantes de Amicos estarán toda esta semana en diferentes localizacións do Barbanza de 11:30 a 12:30 horas.

Mañá, o Galeguímetro estará na rúa peatonal de Boiro na que se atopa a tenda Cosmos, para todos aqueles que queiran participar. O mércores, o Galeguímetro viaxará ata o Gadis da Rúa Castelao en Pobra do Caramiñal e contará coa participación do alcalde, Xosé Lois Piñeiro García.
O xoves, a asociación estará buscando á persoa máis galega, dende as 11:30 horas ao carón do Coliseo Noela, en Noia. E, o venres, será o turno de Ribeira, onde o Galeguímetro se situará ao lado da cafetería Bulebar tamén ás 11:30 horas e contará coa participación da Primeira Tenente Alcalde, María José Sampedro Fernández, e a Concelleira delegada de Servicios Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade, Ana Isabel Barreiro Rego. A semana que ven os integrantes de Amicos irán o mércores a Pontevedra e o xoves a Vigo para seguir buscando á persoa máis galega. Que concello sabrá máis de Galicia? Anímate e ven a participar no noso Galeguímetro!.

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...