A recta final do Maio das Letras na Pobra vén con presentacións literarias, obradoiros, contacontos e música coral

19 Maio 2022

O Concello da Pobra presentou as actividades da recta final do Maio das Letras, a axenda municipal programada para celebrar estes días a xornada do 17 e, por extensión, a cultura galega.

Ao abeiro da axenda cultural do Maio das Letras este venres 20 procederase coa entrega do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora desta edición: Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, de Xosé Antonio Neira Cruz. A cita desenvolverase a partir das 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Acompañarán o autor o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Manuel Cartea; e o director de Produción da Editorial Galaxia, Xesús Domínguez. Contarase, ademais, co acompañamento musical da Escola de Música da Pobra e as persoas asistentes recibirán como agasallo un exemplar do libro.

A maiores, o Cantón da Leña acollerá no 21 de maio, ás 12.30 horas, a Primavera das Letras da Real Academia Galega, que consistirá no obradoiro Coloreando con Florencio e no contacontos Son o poeta que cruzou o océano, con texto de Ledicia Costas e ilustración de Blanca Millán. Xa pola tarde, realizarase o concerto da coral Abrente Cantos de aquí e acolá. Será ofrecido pola Asociación de Amas de Casa, a partir das 20.00 horas, no Teatro Cine Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...