A RAG homenaxea a Delgado Gurriarán no Córgomo (Ourense)

16 Maio 2022

A Real Academia Galega (RAG) homenaxea estes días ó poeta Florencio Delgado Gorriarán, ó que se lle adica o día 17 de maio o día das Letras Galegas.

Como adoita ser habitual, o punto central dos actos vai ser na vila natal do homenaxeado. A sesión plenaria que se celebra o día 17 trasládase a Córgomo (en Vilamartín de Valdeorras) e poderá seguirse en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG.

Vai ser un día especial, está previsto que veñan a Galicia dende América as súas fillas Celia, Carmiña e Maruxa, e tamén os seus netos.

Os expertos en literatura galega destacan o seu compromiso antifranquista como eixo da súa obra. Estivo exiliado en México pero dende a RAG destacab que “sempre foi un home vital, como proban os seus poemas que nos que canta ao viño, á sensualidade e á alegría de vivir, en Galicia e no país que o acolleu”.

A sesión plenaria do día 17 de maio continuará coa intervención da directora da Sección de Lingua da RAG, Rosario Álvarez, que afondará na contribución de Delgado Gurriarán á construción dun modelo de galego supradialectal escrito moderno. Da parte literaria ocuparase Xesús Alonso Montero, que xunto a Carlos Casares foi o primeiro académico en reivindicar un Día das Letras Galegas para Delgado Gurriarán a comezos deste século.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...