A Feira Náútica do Freixo reivindica en Outes a cultura e economía do mar

10 Maio 2022
A 1ª edición da iniciativa celébrase na contorna do centro náutico municipal o vindeiro 1, 2 e 3 de xullo

O alcalde do Concello de Outes, Manuel González e a coordinadora da organización da Feira Náutica do Freixo, Mónica Mejías, deron conta esta mañá da 1ªedición da iniciativa que se celebrará na Ribeira do Freixo dende o venres 1 ata o domingo 3 de xullo.

A Feira Náutica do Freixo, en Outes, é un evento de dinamización territorial, turística e económica con contidos profesionais, divulgativos, culturais e lúdicos. Está dirixida ao público xeral e a profesionais do sector, e prima a participación de empresas do Concello de Outes vencelladas ao mar integradas a través dun programa de actividades dirixido a visibilizar, promocionar, e gañar volume de negocio para os negocios da zona, dándolles a oportunidade de poñerse en valor e de establecer contactos de cara a potenciais contratos, colaboracións, intercambios e adquisicións de produtos e servizos.

Ademais da feira sectorial e das actividades artelladas para dar visibilidade ao tecido empresarial local, o programa da Feira Náutica do Freixo inclúe charlas, visitas e roteiros divulgativos destinados a trasladar aos visitantes o riquísimo patrimonio inmaterial vinculado ao mar, amosando a histórica identidade marítima da zona.

Entre as accións divulgativas que se están a organizar de cara ao evento cabe destacar unha mostra de embarcacións tradicionais, unha exposición e un obradoiro de carpintaría de ribeira en colaboración con CULTURMAR, AGALCARI e Terra de Outes, visitas a enclaves de especial interese habitualmente non accesibles para público xeneral, e roteiros para o coñecemento da tradición marítima e da destacada relevancia do pasado, o presente e o futuro do sector náutico na contorna.

Obradoiros, travesías en barco e kayak pola ría, un apartado de sostibilidade, unha zona gastronómica rexentada por algúns dos máis destacados establecementos de restauración da zona e un atractivo programa de actuacións musicais, completan o cartel da feira, que irá debullando a súa programación ata o mes de xullo a través das redes sociais municipais.

Unha iniciativa de balde e para todo tipo de públicos que repartirá os seus contidos pola Ribeira do Freixo, que porá en valor a esencia marítima do territorio e a destacada riqueza histórica, cultural e económica da zona en vinculación co mar, e que aspira a consolidarse -polo seu carácter transversal e integrador- como o principal evento destas características en Galicia e a establecerse no calendario como cita imprescindible para os profesionais e empresas dos sectores implicados, así como en punto de encontro e descubertas para todas aquelas persoas curiosas e amantes do mar e do seu patrimonio material e inmaterial.

O alcalde, Manolo González, convidou a cidadanía galega a participar neste evento que procura situar a Outes no mapa, e agradeceu o apoio do GALP Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia, que financia a actividade.

Aqueles profesionais, empresas, entidades, colectivos ou persoas interesadas en participar ou achegar unha proposta relacionada coa cultura e a economía do mar á Feira Náutica do Freixo poden facelo escribindo a alcaldia@outes.gal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...