Venres das Dores da a saída da Semana Santa na comarca

08 Abril 2022

A choiva das primeiras horas da paso a tempo seco o que permitirá que saian as primeiras procesións da semana santa na comarca.

En Boiro, esta primeira xornada das celebracións é ademais una das máis importantes para a Irmandade do Cristo dá Misericordia, celebrará misa as 20.00 horas e procederase á imposición de medallas aos novos confrades. Está prevista a asistencia de Francisco José Prieto, bispo auxiliar, que lerá o pregón. A saída da procesión será ás 21.15.

A Dolorosa tamén percorrerá as rúas de Noia. A imaxe procesionará despois da misa das 20.00. A esta mesma hora comezará a liturxia en Rianxo, á que seguirá un desfile. Os muradáns asistirán aos oficios relixiosos ás 19.00 e partirán en procesión ás 20.00.

A confraría pobrense de Santa María A Antiga do Caramiñal tamén organizou unha procesión. Será ás 21.00 horas, tras a misa. Non haberá desfile en Porto do Son, pero manterase a misa, ás 20.00 horas.

Na edición de papel de “obarbanza” recollemos unha ampla axenda de actos da semana santa que os nosos leitores poden consultar na versión en pdf. : enlace.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.