Tres marquesiñas entregadas pola Xunta ao concello de Muros

27 Abril 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Muros, María Inés Monteagudo, supervisou esta mañá a chegada de 3 novas marquesiñas entregadas pola Xunta ao Concello co obxectivo de ofrecer aos usuarios do transporte público unha espera máis cómoda.

O delegado da Xunta, apuntou, que “os novos refuxios, están sendo entregados aos concellos para que procedan á súa colocación co compromiso de garantir tamén o seu mantemento”.

O obxectivo da Xunta é dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano que ofrezan ao usuario unha protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera. As marquesiñas contan cun deseño integrado na paisaxe, adaptadas á contorna rural, e co emprego de materiais autóctonos como a madeira. 

Trenor destacou que ao longo dos vindeiros días a Xunta irá entregando máis marquesiñas aos distintos concellos da provincia que as solicitaron.

Esta iniciativa da Xunta inclúese dentro dun contrato licitado o ano pasado por importe de 1,2 millóns de euros para a renovación de 200 marquesiñas, que se suma a unha primeira fase levada a cabo no ano 2018 mediante a que se instalaron un total de 152 refuxios, con deseños diferenciados para os ámbitos urbanos ou rurais.

O representante do Goberno galego lembrou que o pasado mes de abril tamén se licitou un novo contrato por 250.000 euros para a instalación de outras 43 novas marquesiñas, nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias. Neste caso, será a propia Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a encargada de colocar os novos refuxios en vías da Xunta ao seu paso por un total de 32 municipios, complementando a instalación que se está a realizar no marco de diferentes obras de seguridade viaria e a que é asumida directamente polos concellos solicitantes, como é o caso dos refuxios entregados hoxe en Muros.

O Goberno galego, que vén de completar o Plan de Transporte Público de Galicia coa renovación e modernización de máis de 3.400 liñas de autobús interurbano, continúa traballando na modernización dos servizos e das infraestruturas do transporte para responder de xeito eficiente ás necesidades reais dos cidadáns en materia de mobilidade.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.