Ribeira incrementa os seus espazos verdes cunha área axardinada nas Abesadas

12 Abril 2022

Ribeira vai dispor en breve dun novo espazo axardinado preto do centro urbano, concretamente no barrio das Abesadas. Os traballos para materializalo, levados a cabo polos operarios da Brigada Municipal, comezaron a mediados da semana pasada. Os labores inclúen a plantación de trinta árbores na marxe do estacionamento disuasorio lindeiro coa avenida da Constitución.

En concreto, a especie que se está a plantar e a photinia, con trinta exemplares dispostas en ringleira de forma paralela á beirarrúa desta vía.

O Concello explica que con estas tarefas nas Abesadas “prosegue a dotación de novos espazos verdes na cidade, tal e como se fixo en meses pasados con actuacións emprendidas no paseo das Carolinas ou na avenida da Coruña”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...