O prazo para que os concellos soliciten subvencións para eventos de pintura mural de arte urbana remata o 18 de maio

27 Abril 2022

Ata o 18 de maio estará aberto o prazo para que os concellos coruñeses soliciten as subvencións que a Deputación  reserva cada ano para financiar eventos de pintura mural de arte pública. Neste exercicio, o importe da achega da institución provincial ascende a 150.000 euros e o máximo de cada axuda será de 35.000 €. Poderanse beneficiar os municipios  que desenvolvan programas, festivais ou certames de arte urbana, cun mínimo de dúas edicións consecutivas de antigüidade, a última delas con posterioridade a 2017.

Os criterios de valoración das solicitudes serán os seguintes, de acordo coa táboa de valoración que figura nas bases:

1. Antigüidade do festival.

2. Número de días de duración do festival.

3. Número de artistas ou colectivos participantes.

4. Número de artistas ou colectivos galegos/as.

5. Número de artistas ou colectivos internacionais.

6. Número de artistas ou colectivos estatais.

7. Actividades paralelas (palestras, concertos, talleres, visitas guiadas…).

8. Medios de difusión do proxecto.

9. Material audiovisual.

10. Aplicación de TIC ao proxecto.

11. Paridade no xénero dos artistas convidados/as.

En 2021 a Deputación concedeulle subvencións, por un total de  75.291,15 €, ao Cromático Mural Festo do Concello de Cambre (22.241,55 €), ao Festival Rexenera Fest do Concello de Carballo (33.205,60 €) e ao Concello de Ordes (19.844,00 €).

As bases da convocatoria están publicadas no enlace: https://bit.ly/3kbrr9x

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.