O Concello de Rianxo e a ARE emitirán 500 lotes de bonos 30 euros para fomentar as compras locais

24 Abril 2022

O Concello de Rianxo, en estreita colaboración coa Asociación Rianxeira da Empresarios, puxo a andar unha iniciativa destinada a incentivar as compras nos negocios locais: a convocatoria dos Bonos Rianxo, que ten o seu principal alicerce na emisión de 500 lotes de bonos de 30 euros que se porán a disposición da veciñanza en vindeiras datas. O obxectivo, como dixemos, é achegar un novo impulso ao tecido comercial rianxeiro neste tempo de post-pandemia, ao tempo que se estimula o espírito solidario e comprometido da cidadanía cos establecementos de proximidade.

Segundo informan o Goberno local e máis a ARE, estes lotes de bonos estarán divididos en dous bonos de 10 € e outros dous de 5 €. Os de 10 € poderán trocarse en compras iguais ou superiores a 30 € e os de 5€ en compras iguais ou superiores a 15 €. O prazo para consumir os bonos será o 30 de xuño de 2022.

Os bonos serán virtuais e poderán solicitarse a través dunha web que será habilitada a tal fin en datas vindeiras. Reservarase unha parte dos bonos para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultades para acceder aos bonos virtuais.

Para poder realizar a solicitude dos bonos haberá que ser maior de idade e cada persoa solo poderá adquirir un único lote de bonos de 30 €.

Para a xestión dos Bonos Rianxo o Concello contará coa colaboración da Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) que foi nomeada como tal pola Resolución da Alcaldía núm. 208/2022, do 16 de marzo, ao abeiro do procedemento de selección convocado a tal fin de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación.

A convocatoria dos Bonos Rianxo foi publicada no BOP o mércores 20 e o xoves 21 de abril abriuse o prazo para a adhesión de negocios participantes que poderán ser establecementos locais que vendan produtos ou ofrezan servizos. Este prazo vai ser de 15 días hábiles.

O proceso de adhesión débese realizar de xeito telemático a través da web da ARE. Nesta web, así como tamén no sitio municipal do Concello poderanse consultar as bases reguladoras do Programa Bonos Rianxo, descargar os anexos necesarios para a solicitude de adhesión e realizar a mesma de xeito sinxelo.

O Concello engade que “rematado o prazo de 15 días hábiles publicarase a listaxe definitiva de negocios adheridos”. Unha vez dispoñíbel, activarase a web para a solicitude dos bonos e o prazo para o seu troco nos establecementos adheridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.