Feijóo salienta no Son o equilibro acadado polas recentes obras litorais entre actividade portuaria e humanización

13 Abril 2022
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o alcalde Luis Oujo, nunha imaxe (como toda a serie desta nova, de David Cabezón).

A vila de Porto do Son recibiu este mércores 13 de abril a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen acudiu para comprobar in situ o resultado final das obras de remodelación e humanización do bordo portuario da localidade, uns traballos que se dirixiron a embelecer a contorna, a devolver os vencellos do núcleo urbano co mar e a priorizar a presenza do peón. O titular do Goberno galego dixo que o proxecto, xa rematado, é un modelo en materia de integración dos portos nas vilas costeiras e a súa apertura ao mar.

“Trátase de compatibilizar a actividade portuaria coa humanización da contorna”, salientou, engadindo que a Administración autonómica investiu nesta obra catro millóns de euros e actuou nunha superficie de 26.000 metros cadrados. Os traballos realizados, dixo, “permitiron reorganizar a vía, crear un edificio de servizos náuticos e portuarios na proximidade do dique, humanizar a contorna coa plantación de árbores, harmonizar a zona de xeito que todas as rúas que cruzan a vila ata o porto teñen pavimento de pedra e construír unha rotonda elevada á que se trasladou o emblemático hórreo da vila”.

Nesta mesma liña, Feijóo avanzou que a Xunta ten previsto novos proxectos na zona vencellados ao ámbito marítimo, como a mellora do abrigo e ampliación do número de atraques no porto de Portosín -cunha achega de 1,9 millóns de euros- ou o acondicionamento das lonxas de Porto do Son e de Portosín. A estes proxectos, sinalou, sumaranse outros en eidos como o educativo, coa construción dun novo colexio; o sanitario, cun novo centro de saúde; ou o saneamento, cunha nova depuradora na parroquia de Queiruga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.