“Desaloxos ou violencia de xénero” – José Manuel Pena

07 Abril 2022

En todo este tempo de loita constante, na Plataforma Stop Deshaucios do Barbanza atopámonos con infinidade de casos de familias, afectadas por execucións hipotecarias, onde a muller era vítima de violencia de xénero, concretamente en Boiro, Ribeira, Padrón, A Pobra do Caramiñal. Sen dúbida foi moi importante a Lei 1/2.013 e seguintes sobre medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios ao considerar como un medio de suspensión dun desafiuzamento (desaloxo), sobre vivendas habituais, en caso de supostos de especial vulnerabilidade, que inclúe a que na unidade familiar exista un membro vítima de violencia de xénero.

Puidemos comprobar que, na maioría destes casos, é a muller á que se lle concede a custodia e a patria potestade dos fillos e algúns pais, que se dedican á pesca marítima, traballando en buques con bandeiras de conveniencia nin achegan cantidade económica algunha para poder facer fronte á hipoteca, quedando a muller nunha difícil situación de clara indefensión, ao carecer de traballo e dedicarse ao coidado dos fillos.

Puidemos ver como unha filla menor idade sufría mareos e algún ataque de ansiedade no patio do colexio. A outro fillo que cando se atopaba co seu pai pola rúa mandáballe algún “recado envelenado” para a súa nai, desexándolle o peor dicíndolle ao fillo de ambos que “é unha vaga, unha mala nai, unha puta, etc”. Outro caso en que os pais da muller deixaron de axudala e quitáronlle a palabra por denunciar ao seu marido, por malos tratos físicos e psíquicos. Claros exemplos de que a violencia machista está moi vixente e afecta tamén a moitos familias con falta de pagamentos nas súas vivendas habituais dentro da propia comarca do Barbanza.



                               

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...