Bailadela achegará no Auditorio de Ribeira un espectáculo de música e canto tradicional

22 Abril 2022

A Asociación Cultural Bailadela vai ofrecer o vindeiro sábado 30 de abril un espectáculo de música e canto tradicional titulado Nos longos sucos do trigo. Será en Ribeira, no Auditorio Municipal, a partir das 20.00 horas. A cita foi dada a coñecer este venres 22 pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e por Manola Valiño en representación da entidade organizadora.

Manola Valiño explicou que esta era unha iniciativa que xa estaba preparada a principios do ano 2020 e que principalmente a raíz da pandemia houbo que adiar. O programa conta coa participación das pandeireteiras de Bairalela, así como das pandeireteiras de As 7 linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, o grupo de música e baile tradicional Chorimas de Queiruga e Kica Fernández Méndez, compoñente do Grupo de Teatro Municipal de Ribeira. Para a realización de audiovisuais, escenografías, iluminación e dirección escénica conta coa participación de Óscar Romero, director do citado grupo de teatro.

O espectáculo será gratuíto e de acceso libre ata encher aforo (277 butacas). A entrada será dende media hora antes do inicio sen reserva previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.