“Acordo UE-Noruega sobre a cota de bacallao ártico”. Antón Luaces

30 Abril 2022

Cando tanto se ten falado -e aínda se fala- sobre os cacarexados “dereitos históricos de pesca” en España (co que están disconformes Galicia e Asturias verbo de Cantabria e Euskadi), este concepto e o Tratado de París de 1920 son, no ámbito marítimo-pesqueiro español deste tempo que vivimos, indiscutibles 18 meses despois do inicio de negociacións entre a Unión Europea e Noruega sobre as cotas de bacallao en Svalbard.

Neste caso concreto, nen asturianos nen galegos chían porque, por unha vez, eses tan debatidos conceptos de distribución favorecen por igual a todas as comunidades pesqueiras españolas. Dito doutro xeito: permiten que España dispoña dunha cota de 9.688 toneladas de bacallao nórdico -case que a metade do total da frota europea- e ninguén pregunta o por que de poñer riba da mesa de negoacións un tan debatido dereito histórico de pesca. Pero é que España é un dos países europeos que sí teñen algo que decir en materia pesqueira no mar do arquipélago das Svalbard, onde Noruega, entre outros Estados, ten voz e voto cualificados.

O acordo entre a UE e Noruega sobre a cota de bacallao ártico en augas do devandito arquipélago para o ano 2022 garante a actividade da hoxendía mínima frota bacalloeira española na que centos de mariñeiros galegos e vascos faenaron durante máis dun século.

A prevalencia dos dereitos históricos e o Tratado de París de 1920 ven de pechar un acordo de estabilidade e permite unha planificación axeitada da pesqueira, xa que logo a cota provisoria remataba a súa vixencia oficial este sábado, 30 de abril.

O Consello da Unión Europea confirmou, como xa se dixo, o acordo político acadado o pasado 21 de abril con Noruega sobre a actividade pesqueira  no arquipélago de Svalbard e nas augas internacionais do mar de Barents (este, sector do océano Ártico que limita ao norte co círculo polar ártico, e ao noroeste con Terra de Francisco José. Dende ahí forma unha liña recta ata o estremo oriental de Nova Zembla, que o separa do mar de Kara; ao sur con Rusia, ao suroeste con Noruega e, ao oeste, forma outra liña recta desde o cabo Norte (Noruega) ata as Svalbard, que o separa do mar de Noruega).

A cota asignada a España supón prácticamente  a metade (49,3%) das 19.636 toneladas que corresponden en total á Unión Europea.

Deste xeito despéxanse incertezas e facilítase unha realización máis axeitada á frota comunitaria por canto a cota provisoria pactada en decembro de 4.500 toneladas  expiraba, como xa se dixo, o derradeiro día deste mes. Era necesario, polo tanto, que a UE adoptara urxentemente a cota de bacallao ártico en Svalbard e as augas internacionais do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM), subárea 1 e división 2 b ata o 31 de decembro, e substituir deste xeito a cota provisoria.

O acordo acadado non só asegura a pesca do stock   para todo o ano 2022 e posibilita a planificación máis axeitada da pesqueira, senon que se trata, amáis, da cota completa de bacallao reclamada segundo os dereitos históricos e o Tratado de París de 1920 das frotas dos Estados membros da UE en Svalbard, calculado como o 2,8274% da referencia do TAC total de bacallao ártico nesta zona para cada ano.

España, Alemaña, Francia, Portugal e Polonia teñen cota propia adxudicada nestas augas, cunha cota adicional non repartida para o resto de Estados Membros.   

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...