A Semana Santa do Son recupera o seu tradicional programa de actividades

06 Abril 2022

O pasado venres 1 de abril presentouse en Porto do Son o programa local de actividades relixiosas da Semana Santa 2022, que recupera o seu pulso na vila logo de dous anos cunha axenda reducida. A axenda foi dada a coñecer pola Confraría da Paixón do Noso Señor e máis polo Concello, que colabora no programa, cuxos detalles pódense consultar na páxina web da Confraría.

As actividades comezan o venres 8 de abril (Virxe das Dores). Haberá misa na honra da Virxe (e na memoria dos cofrades falecidos) ás 20h na igrexa parroquial. Os actos proseguirán o 10 de abril, Domingo de Ramos, coa misa das 12.00 horas na igrexa parroquial e coa bendición das palmas e dos ramos. O 12 de abril, Martes Santo, celebrarase o Vía Crucis logo da misa das 20.00 horas, na igrexa parroquial.

O día 14, Xoves Santo, haberá misa ás 18.00 horas e a continuación unha procesión coa Agrupación Musical Virxe da Amargura de Ferrol. O Venres Santo as actividades comezan na praza de España ás 10.30, coa escenificación prevista para ás 11.00 (con prédica do sacerdote franciscano Roberto Freire Hernando) e coa Banda de Tambores da Cofradía da Paixón do Noso Señor. Conmemorarase a cerimonia do Desprendemento da Cruz e o traslado do corpo de Xesús cara ao sepulcro. A liturxia e o desencravo será na igrexa parroquial ás 18.00 horas. Haberá procesión ao rematar a liturxia, coa Banda de Música Municipal de Brión. Ás 23.00 horas levarase a cabo a tradicional procesión nocturna do Venres Santo, dende a Capela da Atalaia e coa Banda de Tambores da Confraría da Paixón do Noso Señor e a Banda Municipal de Brión.

O Domingo de Resurrección a procesión sairá ás 11.00 da Capela da Atalaia (coa Banda de Música de Caldas de Reis) e haberá misa na Igrexa Parroquial. No medio do percorrido, na praza de España, terá lugar o Encontro de Resurrección.

Organiza a Confraría da Paixón do Noso Señor e colabora o Concello de Porto do Son.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.