A partir da semana que vén queda cortada a circulación no Paseo da Ribeira

01 Abril 2022

A Policía Local de Rianxo vén de informar á cidadanía dun corte de tráfico no Paseo da Ribeira a partir da semana que vén. Segundo explica, o corte débese aos traballos que está a realizar a empresa Proyecon, concesionaria das obras de construción da nova EDAR de Rianxo.

Segundo informaron en datas pasadas nunha reunión mantida no Concello, con asistencia de representantes da Asociación Rianxeira de Empresarios, Asociación Somos Rianxo e Policía Local e presidida polo alcalde do Concello, Adolfo Muíños, as actuacións previstas nese punto comezarán o día 4 de abril de 2022 e terán una duración aproximada de unha semana. Os traballos inclúen a repavimentación da zona afectada polas obras. Atinxirán á circulación rodada en distintas fases de implantación no tramo comprendido entre o peirao de Setefogas á zona dos xardíns.

Durante as actuacións necesarias en dito punto, a circulación de vehículos lixeiros que pretendan acceder ó casco antigo e á zona portuaria así como o tráfico de vehículos pesados con orixe ou destino á zona portuaria deberá efectuarse pola estrada de Tanxil, utilizando o itinerario habitual pola rúa Rosalía de Castro/estrada de Rianxiño, rúa Arcos Moldes e cruce de Xogo dos Bolos.

Consecuentemente coa remodelación da circulación efectuada na zona antiga habilitáronse zonas de carga e descarga e parking express na praza de Rafael Dieste.

Outros artigos

Unha muller ferida nun accidente na autovía en Asados

Unha persoa necesitou atención por parte dos servizos sanitarios logo dun accidente de tráfico ocorrido preto das cinco da tarde deste martes na autovía de Barbanza. O vehículo que conducía saíuse da vía na zona de Asados e terminou envorcado sobre o asfalto. Os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...