A luz, simbólica e literalmente, será o fío condutor da Gala de Premios culturais da Deputación da Coruña

19 Abril 2022

A luz, simbólica e literalmente, será o fío condutor da Gala de Premios culturais da Deputación da Coruña. “Traballamos coa idea de que simbolizar a luz que a Cultura, a través de todas as manifestacións artísticas, vén aportando á sociedade desde sempre, pero moi especialmente durante os dous anos que levamos de pandemia”, indica o deputado de Cultura, Xurxo Couto. A Gala terá lugar no Teatro Colón o sábado 23 de abril ás 19h, e os últimos convites dispoñibles poden reservarse a través da web do Colón.

O responsable da área de Cultura lembra que “a Gala nace como recoñecemento a todos os gañadores e gañadoras dos premios que convocamos nos exercicios 2020 e 2021, dous anos que quedarán para sempre marcados na historia como os anos escuros da crise da Covid, mais tamén como ese tempo en que se sobrevivimos anímica e psicoloxicamente grazas á literatura, á música, á arte ou ao cinema”. A Gala, ademais de subir ao escenario ás 31 persoas e entidades premiadas, tamén está concibida como a posta en valor da aposta da institución provincial por apoiar a creación, o talento e unha visión da cultura con capacidade transformadora.

De cara a escenificar a achega que todas as persoas premiadas fixeron á Cultura, e por tanto á sociedade, a partires desta noite realizaranse varias accións nas que a luz terá un papel destacado. Durante este semana, no exterior do Teatro, proxectarase a imaxe da Gala na beirarrúa a través de gobos de iluminación. Esta acción terá continuidade o propio sábado 23, na apertura de portas a partires das 18:30, onde no hall do Teatro se instalará un photocall realizado a partires de luces led en dúas direccións, en ascenso desde o solo e e en caída desde o teito dunha estrutura, que se complementan cun neón. O obxecto deste photocall é que o público se fotografíe no interior desta estrutura ‘abrigado’ pola luz, en referencia ao ‘abrigo’ e o ‘refuxio’ que a Cultura supuxo, de xeito tan especial, durante os dous anos da pandemia. Por último, a luz tamén estará presente na escenografía que se ubicará no escenario do Teatro e que durante toda a Gala se irá ‘completando’ coa implicación e colaboración de todos os premiados e premiadas que suban recoller o seu premio, nunha acción que se desvelará durante o desenvolvemento do acto. Todo o deseño destas accións, ao igual que a imaxe oficial da Gala e o cartaz, son autoría da empresa coruñesa de deseño e eventos, Sísmica Creativa.

Convén lembrar que as 31 persoas e colectivos premiados se corresponden coa convocatoria de 5 premios literarios, 5 premios de artes plásticas, 3 premios de música e 2 premios de acción cultural. Ademais, tamén se porá en valor o traballo das preto de 150 persoas que durante estes dous anos colaboraron para facer posibles estas convocatorias, formando parte de xurados, comisións lectoras ou asumindo comisariados. Neste sentido, subirá ao escenario unha pequena representación: a xornalista María Obelleiro, en calidade de xurado do Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade, o fotógrafo Xurxo Lobato, en calidade de comisario do Premio Luis Ksado de creación fotográfica, a xornalista Susana Pedreira, en calidade de comisaria do Premio Torrente Ballester de narrativa, e a xornalista Teresa Cuíñas, en calidade de xurado do Premio Fran Pérez ‘Narf’ para grupos e artistas musicais.

A Gala estará presentada polas actrices Carmen Méndez e Lidia Veiga, e contará coas actuacións do contador Celso F. Sanmartín e da formación musical Son Trío, composta polas músicas Su Garrido Pombo (voz) Katerina Linke (piano), e Susana Blanco (cello). Todas as persoas premiadas recibirán unha escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta.

Outros artigos

O IVE da luz sobe do 10% ó 21 % a partir deste venres 1 de marzo

O IVE da luz subirá ao 21% en marzo polo esborralle de prezos.Os recibos da luz subirán a partir deste venres, 1 de marzo, cando o IVE (Imposto Valor Engadido) da factura da luz suba desde o 10% actual ata o 21%. Farao provocado polo esborralle dos prezos eléctricos...

+

A Deputación convoca oitos dos seus certames culturais para este ano

O Boletín Oficial da Provincia publicou este martes 27 de febreiro a convocatoria de oito dos seus premios culturais para este ano: o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero; o Antonio Fraguas de artesanía; o Castelao de banda deseñada; o Miguel...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

“Grosera manipulación del CIS”. José Castro López

Todas las encuestas previas a las elecciones del 18-F acertaron en la intención del votode los gallegos con diferencias mínimas en la adjudicación de escaños. Todas, menoslas promovidas por un medio de comunicación cercano al Gobierno de España y las tresque realizó...

“Son os anos…”. Xulio Xiz

“Son os anos…”. Xulio Xiz

Anos e experiencia permítenme ser un optimismo relativo que ve o arredor coa mellor das perspectivas, estimando que a maioría das persoas fai as cousas o mellor que pode, e as administracións teñen intención benéfica nas accións que enfrontan. Os anos danme...