“A Coruña se prepara para recibir alrededor de 150 buques de crucero”. Antón Luaces

29 Abril 2022

Os portos galegos da Coruña, Vigo e Ferrol están a converterse en claros obxectivos das compañías de cruceiros turísticos. Especialmente  o coruñés, que prevé para este ano e de cara ao calendario de 2023 y 2024 manter a tendenza de recuperación e gran crecemento deste exercicio.

O porto da Coruña aproveitou o contexto global  de recuperación do sector após a interrupción da pandemia de COVID-19, cunha previsión de escalas que apuntan a un récord histórico, con perto de 150 buques de cruceiro. Con estas previsións albíscase a tendenza, cada vez maior, de que os cruceiros pernocten no porto desta cidade, estimándose que o impacto económico do tráfico de deste tipo de navíos será superior aos 15 millón s de euros este ano. A repercusión desta actividade incide no sector servizos, no comercial, hosteleiro e nas empresas que prestan atención ao turismo.

A feira SeatradeCruise Global, celebrada esta semana en Miami, contou coa presenza dunha representación da Autoruidade Portuaria da Coruña. Este encontro é o evento máis importante do mundo no ámbito cruceirístico, con enorme influencia como plataforma comercial  internacional. No mesmo se dan cita os principais portos do mundo , as grandes compañías navieiras, consignatarias, empresas de atención ao buque e ao pasaxeiro, turoperadores e instalacións e entidades de promoción turística. O obxectivo do porto da Coruña foi o de presentar a súa oferta para fidelizar aos clientes e seguir a captar negocio cun produto moi consolidado e con prestixio internacional, o que convirte a este pñporto en líder do noroeste de España en número de escalas.

Os portos de Miami e A Coruña comparten, amáis, unha ambiciosa estratexia en materia de transición enerxética, con proxectos que, no caso do de Miami, aglutina no programa PortMiami NetZero, concepto semellante ao de “ACoruña Green Port”, centrados na descarbonización da industria e o desenvoilvemento do proxectos vinculados ás enerxías renovables e a industria off-shore.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...