12 ofertas para executar as obras da nova glorieta da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia

24 Abril 2022

A Xunta recibiu 12 ofertas para executar as obras da nova glorieta no cruce da Barquiña e da mellora da travesía na AC-550 ata a alameda de Noia.

Das 12 ofertas presentadas a este contrato, 3 están conformadas por UTE, o que supón que hai un total de 15 empresas interesadas nestes traballos.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras no mes de setembro, para o que está a avanzar, en paralelo ao proceso de contratación, nos trámites expropiatorios. O obxectivo é ter rematadas as obras no verán do vindeiro ano, xa que os traballos teñen un prazo de execución de 10 meses.

O acto expropiatorio de levantamento de actas previas terá lugar o 5 de maio, estando fixada a súa formalización para o día 21 de xullo.

O detalle da obras

A través desta actuación o departamento que dirixe Ethel Vázquez reforzará a seguridade viaria da intersección en cruz entre a estrada AC-550 e a estrada provincial de acceso ao porto da Barquiña, á altura do Eroski, no quilómetro 71+100. Para iso, habilitarase unha nova glorieta de 26 metros de diámetro, cunha illa interior de 2 metros, calzada de carril único de 6 metros e beiravía interior e exterior. O trazado ten moi en conta a presenza de numerosas vivendas na contorna.

A nova rotonda mellorará as condicións de seguridade do cruce da Barquiña e favorecerá os movementos e xiros dos vehículos. Ademais, acondicionaranse os ramais de acceso á glorieta, renovando a capa de rodadura.

A intervención tamén comprende a mellora dun treito da estrada AC-550 ao longo de 1,3 km, entre a glorieta e a alameda de Noia. Está previsto renovar a capa de rodaxe da travesía e a redistribución do ancho da estrada, para habilitar un itinerario peonil accesible nunha das marxes.

A actuación incluirá a renovación de beirarrúas e suporá a reorganización da sección transversal, da estrada, na que a día de hoxe hai un aparcadoiro insuficiente en ambas as marxes, o que provoca que os vehículos suban á beirarrúa e a deterioren. Finalmente, os traballos completaranse coa instalación de sinalización horizontal e vertical e balizamento.

A Xunta tamén vai executar traballos de conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550, ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, cun investimento de 505.000 €. Esta actuación está actualmente tamén en fase de contratación, sendo 4 as ofertas de empresas recibidas para levar a cabo os traballos.

A Xunta continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Noia homenaxea este domingo a Sebastián Paz Suárez

O Concello e veciñanza de Noia van homenaxear este domingo ao profesor e escritor Sebastián Paz Suárez (Noia, 1943), neto do compositor Felipe Paz Carvajal e comprometido coa recuperación e reivindicación da historia do seu avó, destacado autor musical, director de...

+

O conto da toupiña da Xanela de Maxín chega este domingo a Noia

Este domingo temos unha cita co teatro familiar no Teatro Coliseo Noela, en Noia. A compañía A Xanela do Maxín trae ao Noela a obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha divertida historia para a rapazada protagonizada por unha pequena...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.