Viaxe solidaria de ida e volta cos refuxiados de Ucraína desde Ribeira

03 Marzo 2022

Voluntarios do proxecto Pegasus levarán material médico e alimentos infantís á fronteira de Polonia e Ucraína, de onde pretenden traer a refuxiados na viaxe de regreso
Outras localidades como Muros realizarán a recollida de material a través de Protección Civil.

O movemento cidadán de solidariedade con Ucraína chega ao Barbanza e faio con varias iniciativas de recollida de material para atender a emerxencia sanitaria e humanitaria que provoca o millón de refuxiados que se calcula cruzaron xa as fronteiras para poñerse a salvo da guerra que arrasa o país tras a invasión rusa.

A primeira desas accións está a organizarse en Ribeira a través do movemento Pegasus, que xa protagonizou no pasado outro tipo de envíos de material solidario a rexións remotas do Sahara, cunha furgoneta e un remolque nos que os seus responsables esperan levar ata unha tonelada e media do material que sexa doado polos ribeirenses ou veciños doutras localidades barbancesas.

Así o conta Rubén Lijó, bombeiro de profesión e que xunto a outro compañeiro bombeiro vindo de Sevilla, teñen previsto saír leste mesmo sábado dirección á fronteira entre Polonia e Ucraína co material doado que recollerán na praza do Concello de Ribeira este venres, desde as 18 h. ata as 22 horas.
Material que, tras coordinarse con outras iniciativas similares que se están producindo noutros puntos de Galicia e España, vai estar centrada en medicamentos e alimentos infantís “pola escasa capacidade que temos na furgoneta e o remolque xa que outro tipo de materiais máis pesados teñen que ser levados ata alí por camións”.

Así, e para todo aquel que se queira achegar este venres ata a praza do Concello de Ribeira, piden que se doe material como medicamentos antipiréticos, nolotil, antiinflamatorios tipo ibuprofeno e desketeprofeno, ademais de analxésicos, paracetamol e aspirina. Xunto a medicamentos infantís tipo Dalsy e Apirietal.

Tamén serán ben recibidos medicamentos específicos para evitar as infeccións gástricas como fortasec, ademais de produtos básicos de caixa de primeiros auxilios para tratar feridas como betadine, gasas e vendas.

Ademais, solicítase a doazón de alimentos infantís como potitos e papillas de cereais ou leite en po, “sempre mellor produtos deshidratados, xa que ocupan e pesan menos e auga xa hai no punto aos que os trasladaremos”.

Segundo o propio Rubén Lijó, “trátase dunha urxencia e, como tal, non hai perda de tempo posible, así que estamos a ultimar os detalles da viaxe para saír, se fose posible, o sábado dia 5”. De feito, xa recibiron as primeiras doazóns en forma de material médico, con padiolas, cadeiras de rodas e outro tipo de material de asistencia médica doados pola Fundación Mayte.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.