Un incendio nunha habitación dunha vivenda en Ribeira mobiliza ao servizos de emerxencias

26 Marzo 2022

Un incendio nunha habitación dunha vivenda a pasada noite, no concello coruñés de Ribeira, mobiliza aos servizos de emerxencias sen que se rexistrasen dano persoais. Iso si, ocasionou varios danos materiais.

Ás 23:15 horas da pasada noite, un morador da vivenda contactou co 112 Galicia para solicitar medios de extinción para un incendio nunha habitación situada na Rúa Francisco Lorenzo Mariño. Segundo a información facilitada polo alertante, ningunha persoa atopábanse afectada.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, aos membros do Grupo de Emerxencias Municipal da localidade e aos axentes da Policía Local.  

Tras rematar a intervención, os bombeiros confirmaron que arderon varios aveños, roupa e unha televisión dentro do habitáculo e, ademais, as estancias da vivenda víronse afectadas polo fume.

Outros artigos

Avanzan as obras de rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras de rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro, unha actuación adxudicada por 3.6 millóns de euros e que conta co financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.