Somos Rianxo activa unha campaña comercial de dous meses de duración que xunta o Día do Pai e o da Nai

18 Marzo 2022

A Asociación Somos Rianxo comunicou a apertura dunha campaña (Pasaporte Rianxo) destinada a revitalizar na tempada de remate de inverno e comezos de primavera o comercio local e, de paso, recompensar a fidelidade dos clientes cos seus establecementos. Trátase dunha iniciativa de dous meses de duración que xunta, nunha única conmemoración, o Día do Pai e o Día da Nai.

Consiste basicamente en dar aos clientes un pasaporte para cruñar en dez negocios diferentes de Somos Rianxo. Despois as persoas participantes poderán ir á Praza de Abastos e elixir un sobre entre os cales hai máis de 500 premios. A campaña levarase a cabo entre o 14 de marzo e o 7 de maio. O obxectivo de Pasaporte Rianxo é “apoiar, promover, activar e dinamizar os negocios de proximidade de Rianxo así como premiar ás persoas que consuman no municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...