“Sáhara, Polisario, Alxeria e outras preocupacións”. Antón Luaces

21 Marzo 2022

Tal vez sexa o empeño europeo de non abrir aínda máis a fronteira sur polo estreito de Gibraltar, o Mediterráneo e Canarias, no Atlántico; pero o certo é que España ten agora mesmo diante sí, un novo problema do que non sei como vai sair.

O caso é que o anuncio por parte do presidente do Goberno español de que Marrocos debe ser -coa aquiescencia da ONU- quen determine o futuro do antigo Sáhara español, prescindindo deste xeito da súa responsabilidade como potencia administradora  do devandito territorio, está a atopar máis respostas negativas en nacións supostamente amigas, que positivas. Especialmente en Alxeria, país que nos subministra gas e que ata o de agora fai que España non dependa tan decisivamente de Rusia coma outros Estados membros da Unión Europea en momentos tan decisivos como os que nos tocan vivir.

Como exemplo: China e Alxeria demandan unha solución para o Sáhara acorde coas resolucións da ONU que, se non falla a memoria, nunca foron favorables ás formulacións marroquís. Pero é que, ao mesmo tempo, o Ministerio de Defensa da autoproclamada República Árabe Saharaui Democrática (RASD) dinfundiu -a través da axencia de novas saharaui SPS- que durante a xornada deste sábado pasado houbo “intensos” ataques sobre as forzas marroquís na rexión de Lakaad, no sector de Mahbes, após ofensivas semellantes levadas a cabo nas rexións de Akrara Chedida, Yebilat Lajdar e Akrara el Forsik, no sector de El Forsia e Mahbes.

As milicias saharauis bombardearon, segundo esa información citada, “posicións das forzas  do ocupante marroquí” ocasionando a estas “importantes perdas humanas e materiais ao longo do valo da vergoña dende a violación do alto o fogo e a reanudación da loita armada o 13 de novembro de 2020”, sinala a Fronte Polisaria.

Marrocos construiu o valo de separación do Sáhara Occidental para impedir as incursións das milicias polisarias coas que está en guerra aberta novamente dende novembro de 2020 tras a paréntese de alto o fogo asinado en 1991.

Para a Fronte Polisaria “é lamentable que Madrid opte, unha outra vez, por se sobmeter á chantaxe marroquí e rematar coa esperanza que existía, alimentando a tensión e a escalada”, afirma nun comunicado dado a coñecer o mesmo sábado.

Xa o día anterior, venres, dicía o Polisario: “con enorme asombro o Goberno da República Saharaui e a Fronte Popular para a liberación de Saquia el-Hamra e Río de Oro, viron esta tarde o contido dos dous comunicados emitidos polo ocupante marroquí e o Goberno da potencia administradora española” e, en consecuencia, expresan que a posición do Goberno español “está absolutamente en contradición coa legalidade internacional”, engadindo que as Nacións Unidas, a Unión Africana, a Unión Europea, a Corte Internacional de Xustiza, a Corte Europea de Xustiza e todas as organizacións rexionais e continentais, todas, non recoñecen soberanía algunha de Marrocos sobre o Sáhara Occidental. 

Lembra a organización saharaui que “tamén España, xunto con Francia, trazaron as fronteiras entre o Sáhara Occidental e os seus tres viciños Marrocos, Alxeria e Mauritania” polo que teñen “maís responsabilidades xurídicas e políticas ca outros na defensa das fronteiras recoñecidas internacionalmente para impedir a expansión marroquí, así como a súa responsabilidade cara ao pobo  saharaui e as Nacións Unidas”. Esta responsabilidade, engade, persiste mentres o pobo saharaui non poda “exercer o seu dereito inalienable á autodeterminación e independencia”.

Para os saharauis “a posición emitida en ambas as declaracións carece de credibilidade, seriedade, responsabilidade e realismo” por canto constitúen unha desviación perigosa “que viola a legalidade internacional , apoia a ocupación, alenta a agresión e a política dos feitos consumados, así como a fuxida cara adiante e tenta lexitimar a represión, crimes contra a humanidade e o saqueo de riquezas que persigue Marrocos contra o pobo saharaui”.

Todo isto se produce nun contexto “caracterizado pola gravidade que está a atravesar o conflito do Sáhara Occidental tras a reanudación da guerra en novembro de 2020 e o estado de tensión na zona pola continuación do Reino de Marrocos das súas políticas expansionistas e plans para azoutar a seguridade e estabilidade na rexión”.

Este cambio anunciado polo actual Goberno español é o resultado, a xuizo da Fronte Polisaria, de intensos meses de chantaxe marroquí. Tal posición, engaden os saharauis, contén elementos “de suma perigosidade”, como calificar a proposta marroqui como “a máis seria, obxectiva e realista” para resolver o conflito do Sáhara Occidental, “en claro apoio ao enfoque unilateral, en contradición  coa legalidade e o dereito  internacional e a libre práctica democrática  por parte do pobo saharaui” no que atinxe “ao seu dereito inalienable á autodeterminación e a independencia”.

Critican a declaración do Goberno español que, afirman, “foi máis aló: o máis perigoso, ao se referir ao acordo de “respecto á integridade territorial dos dous países” que no contexto do conflito do Sáhara Occidental é “unha nidia adopción da tese expansionista marroquí”.

Coida o Polisario que a posición española afecta de xeito moi negativo a calquera posible rol de España na solución do conflito de descolonización e os esforzos para reactivar e revitalizar o proceso de paz por parte das Nacións Unidas, cando eles agardaban de España imparcialidade e sentido das súas responsabilidades legais e históricas.

Entenden que España non pode dar as costas a este problema por canto “é a potencia administradora do territorio pendente de descolonización”. E tampouco, din, pode esquecer as súas responsabilidades políticas por canto é “o primeiro responsable do sufrimento do pobo saharaui e de todos os pobos da zona que ata o de agora non poideron disfrutar da estabilidade por mor da ferida que deixou España en 1975 e que segue a envelenar as relacións dos pobos e países da rexión”.

Fan un chamado urxnte ás forzas políticas españolas e a todos os pobos de España para que presionen ao Goberno español  coa fin de corrIxir este “grave erro” e obrigar a Madrid a asumir as súas responsabilidades.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...