Ribeira xa acolleu a catorce persoas procedentes de Ucraína

17 Marzo 2022

O Concello de Ribeira fixo balance do acadado até de agora na fronte común municipal impulsada para axudar ao pobo ucraíno trala guerra e a invasión decretadas polo Goberno ruso, fronte común formada polo Goberno local, a expedición Pegasus comandada por Rubén Lijó, as organizacións humanitarias con presenza en Ribeira (por exemplo Cáritas) e o voluntariado veciñal. Segundo fixeron saber, a día de hoxe son catorce os cidadáns que procedentes do país ucraíno chegaron nestas últimas dúas semanas ao municipio ribeirense, onde “se lles está a dar acubillo e a prestar atención social, sanitaria, educativa e lingüística coa fin de favorecer a súa integración no noso territorio”.

Estes e outros datos foron achegados na xuntanza mantida este xoves 17 entre a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, a xefa de servizo deste Departamento, Francisca Vidal, e máis o activista local Rubén Lijó, quen a pasada fin de semana trouxo a dúas persoas (unha nai, tamén presente na xuntanza, e un fillo) dende o país do leste de Europa. Na reunión de traballo, que tamén serviu para planificar vindeiras chegadas de persoas procedentes de Ucraína, destacouse tamén que en Ribeira xa hai 18 ucraínos que levan varios anos residindo no municipio, “o cal está a axudar á integración dos seus compatriotas”.

Chamamento

O Concello lembrou que os Servizos Sociais están a encargarse de coordinar a nivel municipal a atención dos cidadáns que proceden daquela nación, incluíndo a dotación de inmóbeis onde aloxarse: un labor para o cal están a recibir a atencións desinteresada de organizacións como Cáritas.

A este último tenor, dende o Concello se quere facer un chamamento á cidadanía coa fin de que aqueles veciños e veciñas que teñan vivendas baleiras e as queiran poñer a disposición neste cometido se poñan en contacto co Departamento de Servizos Sociais, sito na praza 8 de marzo no Miradoiro de Padín (teléfono: 981 874 131).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...