Ribeira licita un sistema de gravación e retransmisión de eventos da Fieiteira

22 Marzo 2022

O Concello de Ribeira acaba de sacar a licitación a contratación dun sistema de gravación e retransmisión de eventos que permita unha realización tanto manual, como automática naqueles nos que sexa posible, cun sistema de cámaras e elementos de son fixos instalados no pavillón municipal da Fieiteira e no campo de fútbol Anexo A Fieiteira.
A actuación enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirregional de España ( POPE) 2014-2020. Entronca dentro da Estratexia Dixital 2021-2023, dirixida á transformación dixital do Concello de Ribeira.
O seu orzamento de licitación ascende a 18.139,99, IVE incluído, De acordo co prego de prescricións técnicas, os servizos que deben prestar quen opte á adxudicación do concurso abranguen:
 Subministración, instalación e posta en marcha dun sistema de gravación,
 Realización e emisión de eventos baseado en hardware de vídeo e audio.
 O sistema deberá poder emitir e gravar os diferentes eventos que se celebren no recinto (principalmente deportivos).
 O sistema deberá posibilitar a realización e emisión de eventos de forma automática ou con realización manual por parte do licitador ou dun terceiro.
 Sistema de control, xestión e axendado de eventos.
 Formación asociada ao sistema.

As empresas interesadas dispoñen ata o 28 de marzo á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.