Rianxo recupera o programa Vacacións en Paz para as crianzas saharauís

10 Marzo 2022

Despois de dous anos de interrupción motivada pola pandemia COVID retómase este verán en Rianxo o programa solidario Vacacións en Paz, dirixido ás familias acolledoras de crianzas saharauís.

Segundo informa o Concello, Vacacións en Paz consiste nun programa de acollida temporal, por parte de familias galegas, de nenos e nenas saharauís nos meses de xullo e agosto, evitando así os 50º á sombra neses meses do verán, e ofrecéndolle a oportunidade de ter acceso “a unha estadía agradábel, coñecer outras culturas e mellorar no coñecemento mutuo entre Galicia e a poboación saharauí”. Fontes do Consistorio lembran que estas nenas e nenos naceron nos campamentos de refuxiados da ex-colonia española situados dende fai máis de 41 anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-saharauí; é dicir, “son fillos dos saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975”. A súa vida cotiá, ademais, vén marcada pola privación do máis elemental e sobreviven dificilmente grazas á axuda internacional.

O Concello de Rianxo confirmou que cooperará como viña facendo decote coa SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) no financiamento das viaxes destes nenos e nenas, xunto á matrícula en programas de verán e deportivos. Institucións como o SERGAS compromete tamén a asistencia sanitaria.

As familias que queiran acoller poden dirixirse ao Concello para máis información e documentación necesaria. Ou na web de SOGAPS onde teñen toda a información necesaria.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.