Porto do Son ponse en pé de loita pola igualdade con dúas actividades

07 Marzo 2022

Baixo os lemas Somos iguais e Porto do Son coa igualdade, o Concello de Porto do Son organizou unha actividade dupla para a celebración deste 8M, Día Internacional da Muller. En primeiro lugar realizarase un obradoiro de sensibilización en igualdade na Casa da Cultura da vila sonense, estando previsto que participe alumnado de primeiro da ESO do IES Porto do Son. Esta actividade culminará cunha marcha en contra da discriminación e a violencia de xénero polas rúas da vila.

A outra actividade prevista desenvolverase baixo o epígrafe Na casa tod@s iguais e consiste nunha Xincana de co-responsabilidade co alumnado de Educación Infantil e de Primaria dos centros educativos de Seráns, Lapido, Xuño, Caamaño, Queiruga, Baroña, Nebra e Portosín. A xincana ten o obxectivo de traballar colectivamente pola igualdade e o traballo en equipo, amais de derrubar estereotipos e prexuízos negativos para as mulleres relacionados cos traballos empresariais e domésticos.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.