Ribeira acolle os 25 anos da Asociación Galega de Lupus coa plantación de 25 árbores en San Roque

26 Marzo 2022

O parque periurbano de San Roque deu cabida hoxe ao mediodía ao acto de conmemoración do 25 aniversario da Asociación Galega de Lupus (AGAL) a través da plantación de 25 árbores no marco do proxecto Landra que se está a desenvolver nesta zona.
O acto contou coa participación entre outros do alcalde Manuel Ruiz; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González; da presidenta de AGAL, Nuria Carballeda; de distintos edís municipais e tamén de representantes das distintas delegacións territoriais da asociacion, entre elas Loli Caderno por Barbanza.
Tamén se achegaron numerosos veciños a respaldar o acto, incluíndo numerosos membros do motoclub Os Reventapistóns.
Os comparecentes quixeron poñer en valor o papel que desempeña AGAL para visibilizar esta doenza e prestar apoio a quen as padece e as súas familias.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.