O teatro pola diversidade chega a Boiro da man de Ambar e “As paisaxes de Camille”

08 Marzo 2022

Este venres 11 de marzo a diversidade, a inclusión e respecto mutuo van ser protagonistas en Boiro, grazas ás contribucións das integrantes da Asociación Ambar, colectivo de persoas con diversidades funcionais ou motrices con sedes en Ribeira e A Pobra. Estamos a falar da representación de As paisaxes de Camille, unha destacada contribución teatral, que toma partido, directamente e sen fisuras, pola loita contra a violencia de xénero no rural.

As paisaxes de Camille chega a Boiro logo dunha exitosa xira pola xeografía galega e polo Barbanza (Ribeira e A Pobra) que foi quen de convocar arredor de 200 espectadores e espectadoras.

O proxecto As paisaxes de Camille é unha iniciativa para loitar, dende a creatividade, o talento e a reivindicación, contra a violencia de xénero no ámbito rural en calquera das súas manifestacións. En concreto As paisaxes de Camille busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da escultora francesa Camille Claudel.

A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Para máis información sobre o proxecto cómpre visitar a web de Ambar, no apartado específico sobre o mesmo. As integrantes da asociación tamén subiron ao Youtube un vídeo de presentación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.