As paisaxes de Camille do Grupo de Artes Escénicas de Ambar chega a Ribeira e á Pobra

23 Novembro 2021

A Asociación Ambar vai levar a Ribeira e á Pobra do Caramiñal a súa proposta escénica As paisaxes de Camille, homenaxe á escultora francesa Camille Claudel e, tamén, chamada de atención para pecharmos fileiras contra a violencia que se exerce contra as mulleres do noso rural. A primeira das citas será este mércores 24 de novembro ás 12.00 horas no Auditorio Municipal de Ribeira. Un día máis tarde, o Grupo de Artes Escénicas da Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional levará As paisaxes de Camille á Pobra do Caramiñal, ás 20.00 horas no Teatro Cine Elma. En ámbolos dous casos, ao remate da función proxectarase un vídeo co proceso de traballo e a conceptualización da peza representada e desenvolverase unha pequena charla.

De xira por Galicia

As paisaxes de Camille chega aos concellos nos que Ambar centra boa parte da súa actividade (ten sedes en Ribeira e na Pobra) logo dunha exitosa xira pola xeografía galega que foi quen de convocar a máis de 100 espectadores e espectadoras. O público estivo composto por usuarias e usuarios de centros educativos, asociacións de persoas con diversidade funcional e representantes dos CIM, Servizos Sociais e alcaldías dos Concellos citados, entre outros.

Como dixemos, o proxecto As paisaxes de Camille foi unha iniciativa para loitar, dende a creatividade, o talento e a reivindicación, contra a violencia de xénero no ámbito rural en calquera das súas manifestacións. En concreto As paisaxes de Camille busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da escultora francesa Camille Claudel.

A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Para máis información sobre o proxecto cómpre visitar a web de Ambar, no apartado específico sobre o mesmo. As integrantes da asociación tamén subiron ao Youtube un vídeo de presentación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.