O BNG homenaxea este sábado 19 ao gran poeta noiés Avilés de Taramancos

17 Marzo 2022

O BNG da comarca Muros – Noia organiza este sábado 19 de marzo un acto de homenaxe ao poeta nacionalista Avilés de Taramancos, con motivo do 30 aniversario do seu pasamento. A agrupación, con motivo deste acto de recoñecemento, lembra que Avilés de Taramancos (un dos grandes autores da nosa terra, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2003), foi concelleiro de Cultura do BNG en Noia entre o ano 1987 e 1991. “Durante os anos que pasou no Goberno local noiés como edil deu un importante impulso á vida cultural do municipio, sendo ademais promotor de iniciativas tan importantes como a Escola Taller que recuperou as primeiras laudas gremiais para a súa exposición, a negociación para a adquisición da que é hoxe a Casa da Cultura que leva o seu nome ou xogando un papel fundamental de cara á adquisición e restauración do Coliseo Noela”, fan saber fontes do BNG da comarca de Muros e Noia.

O acto para homenaxear a súa importante figura como escritor, poeta e nacionalista comezará ás 12 da mañá no Claustro do concello de Noia e rematará con unha ofrenda floral ao carón do busto do poeta na Alameda de Noia.

A homenaxe contará coa presenza de antigos compañeiros e compañeiras de letras, como Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que tamén presidiu Avilés en 1986, e Ana Romaní, escritora, xornalista e académica de número da Real Academia Galega. Tamén recitarán poemas seus o poeta noiés Manuel López Rodríguez e a poeta e concelleira nacionalista en Porto do Son Patricia Torrado Queiruga. O acto estará presentado polo portavoz municipal do BNG en Noia, Ricardo Suárez, e rematará coa intervención da deputada e escritora nacionalista Mercedes Queixas. A homenaxe estará amenizada pola agrupación musical As Lens.

Á homenaxe está confirmada a asistencia de numerosas personalidades do eido político, cultural e asociativo da comarca, así como de familia e amizades de Avilés de Taramancos.

O BNG quere resaltar, con este acto, “o gran respecto e admiración que ten polo valioso legado literario e político do finado compañeiro Avilés de Taramancos”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.