Noia conmemora a Avilés de Taramancos cunha ofrenda floral, unha charla e un recital

22 Marzo 2022

Noia celebra e homenaxe estes días ao seu poeta Antón Avilés de Taramancos. Faino coincidindo co 30 aniversario do escritor e político local, autor dalgunhas das obras máis sobranceiras das letras galegas no século XX. A axenda conmemorativa impulsada dende o Concello inclúe actividades a desenvolver este martes e mañá mércores. Súmase á reivindicación levada a cabo esta fin de semana polo BNG local.

O Concello, a través da área de Cultural, informou de que este martes 22 de marzo ás 13:00h realizarase a ofrenda floral para lembralo no cemiterio de San Pedro de Boa.
O mércores 23 de marzo está prevista unha charla e tamén un recital ás 19:30h na casa da Cultura, con participantes que trasladarán ás persoas asistentes á vida e obra do poeta e escritor noiés.

Vida e obra de Avilés (fonte: Galipedia)

-Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992, foi un escritor galego.

-En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

-Fixo o bacharelato en Noia, e aos 15 anos de idade publica o seu primeiro poema, en lingua galega, na revista local Tapal editada por Manuel Fabeiro. Na Coruña, durante os seus estudos, colaborou (entre outras) na revista Atlántida da Coruña, na que publicou os seis poemas que constitúen As moradías do vento, e en 1959 publicou o seu primeiro libro, A frauta i o garamelo e o poemario que enviou ao concurso literario organizado polo Grupo Brais Pinto, Pequeno canto para un peito xoven, que quedou inédito ata 1982. Participou na estrea da obra teatral de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca.

-En 1961 emigrou a Colombia, alí permaneceu ata 1980, primeiro na Selva Amazónica e máis adiante na embaixada brasileira en Bogotá. No país caribeño coñeceu á que se converteu na súa muller en 1970 e a Manuel José Arce y Valladares, embaixador de Guatemala, de orixe galega.

O 15 de agosto de 1980 regresou a Noia, rexentou unha taberna, a Tasca Típica, na que organizou recitais poéticos e dende a que organizou a Sociedade Cultural Catavento. Presidiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1986), entidade pola que foi nomeado socio de honra en 1995, e foi elixido concelleiro en Noia polo Bloque Nacionalista Galego, polo que ocupou o posto de concelleiro de cultura (1987–1991).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.