“Honrado e traballador ou déspota mandarín” – José Manuel Pena

09 Marzo 2022

Moitos dos que somos descendentes de mariñeiros e pescadores chámanos a atención o elevado sentimento de corporativismo e ocultación da realidade do que fan gala certas empresas armadoras e algún persoal da súa confianza, na actualidade.

Estas actitudes están a poñerse de manifesto nun dos últimos naufraxios marítimos, ocorrido lonxe da nosa terra. Ao parecer, tanto a empresa armadora como o patrón do buque manteñen o mesmo relato dos acontecementos que se contradí con outro dos sobreviventes que sinala que “se podía ter evitado o naufraxio se non se faenase durante esas malas condicións metereolóxicas ou ben se manobrase na recollida do aparello ou soltando a rede”.

Os familiares dos tripulantes desaparecidos aplauden a exemplar valentía do mariñeiro “a pesar de todas as presións”.

Presións? Como que a este profesional lle custará volver atopar un posto de traballo na pesca? Evidentemente temos que seguir preguntándonos da quen se está premiando, se ao honrado e traballador, ou ao pirata e déspota mandarín. Moi lamentable que sigamos pensando no negocio e que poñamos o crematístico por enrima da vida das persoas.

A política dalgunhas armadoras non é a máis correcta, humanamente. Ampáranse en “presumir” da xeración de riqueza e a creación de emprego pero esta non pode ser a calquera prezo.

Profesionalmente, hai algúns anos, tiven a ocasión de mediar ante unha gran empresa navieira e un patrón de pesca. A este último, a empresa imputáballe a responsabilidade pola morte de dous pescadores artesanais, ao estar a faenar ao arrastre moi preto de terra, en zona prohibida. O caso pechouse en falso, a empresa continuou faenando nesas augas e mantendo as súas licenzas e o patrón seguiu capitaneando outros buques, con total normalidade.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.