“Galicia, a gran esquecida” – José Manuel Pena

03 Marzo 2022

Agora que se fala tanto dalgúns gobernantes, como auténticos heroes ou salvadores da patria, teriamos que pensar un pouco sobre o que significaron os corenta anos de goberno monocolor, moitos deles con maiorías absolutas, para a terra galega.

Utilizando a retranca galega poderiamos dicir, sen medo a equivocarnos, que estes corenta anos de bos xestores e gobernantes converteron a Galicia nunha das Comunidades Autónomas máis industriais, con máis empregos, con mellores salarios, con menos corrupción e con menos emigrantes de España. Axústase isto á realidade?

Unha sociedade envellecida, con máis pensionistas e xubilados que persoas en activo, con escasa actividade industrial, con perda dun importante número do sector primario como a gandaría e a agricultura. A pesca de baixura de capa baixa e con moitas dificultades para a pesca de altura que depende das empresas mixtas e das licenzas de pesca. Unha Comunidade precariamente comunicada co resto de España.

Galicia foi e é a gran esquecida polas diferentes autoridades, tanto galegas como españolas, a pesar de ter moitos e variados gobernantes nados nesta terra. Moitos utilizaron o poder político e os seus cargos electos, moi lícito por outra banda, para catapultarse á política nacional. Falando sempre de Galicia, incluso emocionándose, para logo poder pasar os seus días de lecer ou descanso, mentres os investimentos marchábanse para outros lugares de España.

Galicia non pode seguir sendo a cincenta do país. Non só é un bo lugar para visitar ou gozar do seu clima, da paisaxe ou da excelente gastronomía. Ten que ser un lugar onde poder traballar con salarios dignos e boas condicións laborais. Os mozos seguen saíndo da terra na que naceron por falta de oportunidades e iso é unha irresponsabilidade política.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.