En Ribeira licitada a dotación de saneamento, abastecemento e pavimentado en Frións

25 Marzo 2022

O Concello de Ribeira licitou os traballos de saneamento, pavimentado e abastecemento no lugar de Frións, en Carreira. Segundo fontes do Consistorio, na actualidade a zona en cuestión non dispón de redes de abastecemento nin saneamento. Así, o proxecto elaborado prevé a instalación dunha tubaxe SN4 de 723 metros de longo e 315 milímetros e 25 pozos de rexistro para as augas residuais; e unha tubaxe de 556 metros para auga potábel.

En canto aos pavimentos, nos ramais afectados por obras que actualmente están aglomerados se reporá toda a superficie cunha capa de aglomerado asfáltico; mentres que nun camiño sen pavimentar man terase o firme actual de saburra.

O orzamento de licitación ascende a 154.081,94€, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

A actuación está enmarcada no POS+2021 e o prazo de presentación de ofertas conclúe o 6 de abril á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...