Detida unha veciña de Ribeira por varios roubos en interior de vehículos en Lalín e Silleda

04 Marzo 2022


A Garda Civil detivo a unha veciña de Ribeira como presunta autora da práctica totalidade dos roubos que se realizaron o pasado mes de decembro no interior dunha ducia de vehículos estacionados en garaxes comunitarios das localidades pontevedresas de Lalín e Silleda.

As inspeccións realizadas nos vehículos pola área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Lalín, indicaron as mesmas fontes, “foron determinantes para deducir que os roubos poderían ser cometidos pola mesma persoa”, tendo en conta de que, engaden, “púidose constatar que en todos os feitos utilizouse un extintor para fracturar os portelos dos vehículos”.

As liñas de investigación converxeron na identificación dunha muller que días despois dos roubos retirara 1.500 euros nunha entidade bancaria de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) co DNI subtraído do interior dun dos vehículos afectados pola onda de roubos.

Segundo as investigacións realizadas, esta persoa, primeiramente comprobou o saldo da conta nunha sucursal bancaria de Ribeira, e despois desprazouse a Vilagarcía para retirar a práctica totalidade do saldo.

Esta persoa foi interceptada a pasada fin de semana na área de servizos da autoestrada AP-53 en Silleda. Trátase dunha muller de 32 anos, con último domicilio coñecido en Ribeira, “con amplos antecedentes policiais”, destaca a Benemérita. Esta muller foi detida como presunta autora dos delitos de roubo e furto de efectos no interior de vehículos, ademais doutros de estafa e usurpación de estadio civil, por utilizar a identidade doutra persoa para retirar o diñeiro do banco.

No momento da detención, o vehículo que conducía quedou inmobilizado na estación de servizo, ao dar positivo indiciario en drogas nas probas que lle realizou o Equipo de Atestado do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín.

A detida, xunto coas dilixencias instruídas, foi posta ao dispor do xulgado de Instrución de garda de Lalín, que decretou a súa liberdade provisoria con cargos.

Garda Civil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.