Convocado en Ribeira o proceso selectivo para contratar un axente local de innovación

16 Marzo 2022

O Concello de Ribeira informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun axente local de innovación, en virtude da orde do Ministerio de Ciencia e Innovación pola que se conceden subvencións destinadas á co-financiamento destas contratacións por parte de concellos pertencentes á Rede Innpulso.

As persoas interesadas en tomar parte neste proceso deben presentar as súas solicitudes entre este mércores 16 e o próximo 22 de marzo. As bases e o modelo de instancia están dispoñíbeis no taboleiro de anuncios do Concello (sede electrónica) e na páxina web municipal.

A finalidade desta contratación reside en contar cun profesional que execute as políticas de innovación deseñadas polo Concello de Ribeira nos programas de financiamento europeo (tales como a Estratexia Urbana Sostible, financiada polos fondos FEDER, e o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, financiada polos fondos Next Generation).

Serán funcións específicas do/a axente local de innovación:

1. Desenvolvemento de proxectos de innovación dixital.

2. Desenvolvemento e posta en marcha de plans de sustentabilidade, aforro enerxético ou economía circular.

3. Desenvolvemento de enerxías renovables.

4. Dinamizar, en colaboración co área de desenvolvemento económico, accións de transferencia tecnolóxica e coordinar proxectos de I+D+i.

5. Preparación e licitación de proxectos de compra pública de innovación.

6. Fomento do emprendemento tecnolóxico e xestión de calidade no municipio.

7. Contribuír a alcanzar os obxectivos da estratexia dixital de innovación do Concello de Ribeira.

8. Participar en proxectos europeos relacionados coa transformación dixital e a innovación.

9. Axuda á captación de fondos europeos en proxectos de transformación dixital, aforro enerxético ou economía circular.

10. Colaborar co equipo de desenvolvemento económico do Concello de Ribeira nas funcións sinaladas.

11. Calquera que en materia de innovación, aforro enerxético ou renovables lle sexan encomendadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.