Comeza a perfilarse en Ribeira unha feira específica de exaltación dos produtos locais do mar

31 Marzo 2022

Este xoves 31 de marzo celebrouse na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira unha xuntanza de traballo cos axentes implicados na organización dunha feira de exaltación dos produtos do mar que se comercializan nas lonxas locais. A reunión contou coa presenza de representantes de OPMEGA (Organización de Produtores do Mexillón de Galicia) e dos patróns maiores de Aguiño e Ribeira. Tamén participaron o xerente da Lonxa de Ribeira e máis directivos da Asociación de Empresarios.

Tratáronse temas relacionados coa preparación da dita feira, un evento de promoción e revitalización do sector pesqueiro e conserveiro que poña en valor os produtos do mar, dinamice a cidade e persista no tempo. Os asistentes á reunión acordaron reunirse novamente para dar forma, data e nome a este evento.

“O noso afán”, sinalou Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, “é traballar para que Ribeira desenvolva o seu potencial e a súa importancia económica e empresarial, e para iso queremos solicitar o apoio, que sen dúbida obteremos, das diferentes institucións da Xunta, Deputación e Concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.