As principais manobras militares do Eagle Eye rematan este venres no Barbanza

24 Marzo 2022

As principais manobras militares que se desenvolven desde esta semana na estación barbanzán da EVA-10, no monte Iroite, concluien este venres. Fontes do Exército do Aire destacaron que desde o luns iniciouse o Eagle Eye e despregaronse sobre o terreo o groso de efectivos participantes na actividade.

A xornada do venres estará dedicada á retirada das tropas e de todo o material utilizado ao longo da semana, que incluíu armamento antiaéreo e terrestre, entre os que destacaban varios lanzamisiles de última xeración deseñados para derrubar avións.

As manobras levantaron grande expectación en toda a comarca e na operación militar participaron, por parte do Exército do Aire, os F-18 do Á-15 de Zaragoza, que contribúen á defensa do territorio nacional formando un dispositivo de policía e defensa aérea. Como achega do Exército de Terra, a Unidade de Defensa Antiaérea Hércules do Mando de Artillería Antiaérea liderada polas forzas do Grupo de Artillería Antiaérea GAAA I/74, de Cádiz. E por mar, a Armada, contribúe coa fragata Almirante Juan de Borbón ás operacións de defensa achegando a gran capacidade de detección, identificación e defensa aérea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.